viernes, 10 de octubre de 2014

Reflexión grupal do tema escollido por Intégrate 2.0

Atopámonos nuhna Europa globalizada, tal vez nesa Europa tan anhelada polo Emperador Carlos V, Carlos I de España. Pois ben, esa foi a poñencia da cal se vai a facer esta pequena reflexión. Europa. As Políticas da Unión Europea.

A poñente Cristina Couto centrou a súa poñencia no emprego e nas oportunidades de movilidade da Unión Europea.

Centrou polo tanto a poñencia nas redes de información a nivel europeo, en cómo financiar ditas accións a nivel de inclusión social e igualdade e por último nas oportunidades e ferramentas para a movilidade.

Enfocou toda a poñencia en principio para toda a cidadanía europea e especificou que unha grande porcentaxe, o 72% recoñecía saber pouco ou moi pouco de Europa.

Posteriormente centrouse nas Redes de Información, de movilidade e nos dereitos para a libre circulación; Grupos específicos, grupos de movilidade como por exemplo a Rede EURES, que foi a que máis interese suscitou no auditorio, e finalmente dos dereitos para a libre circulación na Unión Europea.

Fixo un barrido conceptual tamén polos Fondos e pola Financiación Europea e os seus programas de movilidade, Eramus, Red Euraxess, do Servizo de Voluntariado Europeo dos Eramus de Emprendemento, das Becas e das diversas ferramentas.

Personalmente, non foi unha ponencia das que máis me interesara. Posto que a nivel profesional á hora de levar a cabo todas estas realidades e propostas de movilidade e intercambio laboral ao ámbito no que traballo resúltame ampliamente complexo debido á dependencia, e moitas veces marxinalidade non porpia senón imposta, que presentan dende as súas realidades. Realidades diferentes ou semellantes as nosas. Onde a falta de recursos e de coñecemento de idiomas fan máis complexo a movilidade no ámbito xeográfico da Unión Europea.

No hay comentarios:

Publicar un comentario